Saturday 04 de May de 2024

Vella Escola celebra o seu décimo aniversario cunha gran exhibición de cultura urbana no paseo marítimo de Noia


A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, e o concelleiro de Cultura, José Pérez, visitaron as actividades

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, e o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, visitaron esta mañá o paseo marítimo de Noia, onde Vella Escola está a celebrar hoxe o seu décimo aniversario cun gran encontro xuvenil con numerosas actividades e actuacións musicais. Unha iniciativa financiada pola Dirección Xeral de Xuventude e na que colabora o Concello de Noia para amosar o seu apoio a un crecente sector da mocidade que practica estas disciplinas urbanas en distintos ámbitos: arte, música, deporte…

Así, ata as 2:00 da madrugada do domingo, no paseo de Labarta haberá exhibicións de graffiti car (pintado de coche), freestyle football, Flatland BMX, Roller e Scooter. Tamén haberá dous campionatos: Parkour Speed Contest e Batalla de Galos (cuxo primeiro premio será a produción de dúas bases musicais por Wax-Cultura DJ). Así mesmo, haberá un tobogán acuático de 25 metros para a práctica de skimboard e un gran peche de festa cunha Sound System Session por Maislume Kolektive, precedidos de sesións a cargo de DJ Koo (Xixón), Mr Fishman (Lugo), Ayman (Santiago) e Wave-Live Looping (Málaga).

Durante toda a xornada haberá exhibicións de breakdance, graffiti, parkour, beatbox, skate, rap, turntablism, roller, BMX, Scooter, Slackline, Street Workout, Freestyle Football e Skimboar.